Resolución do 11 de decembro de 2007,
da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fan
públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso
en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,
relativo á puntuación definitiva, á conclusión da fase de oposición e á
apertura do prazo da fase de concurso.
O
número 1 da base sexta B) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego
de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), pola que se
convoca concurso-oposición para o ingreso en
determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde,
dispón que, rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal
publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia, no que se declarará rematada
a fase de oposición e se abrirá un prazo dun mes, contado a partir do seguinte
ao da súa publicación, para que estes aspirantes acheguen a documentación
acreditativa dos méritos que aleguen.
Ademais,
o punto 11 da base sexta A) establece que tras a publicación das puntuacións
dos exercicios, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no
prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación.
A
estimación ou desestimación destas reclamacións entenderase implícita na
resolución pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos
exercicios.
Á
vista das reclamacións presentadas en prazo ao terceiro exercicio, cada
tribunal confirmou as listaxes de puntuacións definitivas outorgadas aos
aspirantes.
Adoptado
acordo de finalización da fase de oposición polos respectivos tribunais,
procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose
para iso expresamente esta División de Recursos Humanos e Desenvolvemento
Profesional do Servizo Galego de Saúde, polo que,
RESOLVO:
Primeiro.-Publicar as puntuacións definitivas
do terceiro exercicio acadadas polos aspirantes das categorías de cociñeiro, do
grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servizos xerais de
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155,
do 14 de agosto).
A
estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderase implícita
nesta resolución de publicación.
Segundo.-Declarar rematada a fase de
oposición destas categorías e publicar a relación alfabética e a relación pola
orde de puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios dos aspirantes que
superaron a fase de oposición das citadas categorías, nos taboleiros de anuncios
dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo
Galego de Saúde e na súa páxina web: www.sergas.es.
Terceiro.-Abrir o prazo desde o día seguinte
ao da publicación desta resolución até o día 31 de xaneiro de 2008, para que
estes aspirantes presenten a documentación acreditativa dos méritos que aleguen
nos seguintes lugares:
a)
Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.
b)
Na División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego
de Saúde.
c) Nas
delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.
d)
Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.
e)
Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública
do Servizo Galego de Saúde.
f)
Nos servizos de persoal das administracións dos centros de xestión de Atención
Primaria do Servizo Galego de Saúde.
g) A
través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Cuarto.-Todos os aspirantes que superasen a
fase de oposición, deberán achegar no modelo contido no anexo desta resolución
os méritos que aleguen xunto coa fotocopia compulsada do seu DNI, así como a seguinte
documentación, pois do contrario quedarían excluídos do proceso selectivo:
a)
Fotocopia compulsada do título exixido para o ingreso
na correspondente categoría;
b)
Os participantes que accedan polas quendas de promoción interna e de
discapacitados deberán achegar, ademais da documentación anterior, orixinal ou
certificación compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos
puntos 2 e 3 da base segunda da convocatoria.
Santiago
de Compostela, 11 de decembro de 2007.
Antonio
José Fernández Paniagua
Director
xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional