Resolución do 9 de maio de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatuario do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación provisional da fase de concurso.

 

O número 5 da base sexta B) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que, realizada polo tribunal a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por epígrafes, así como a valoración total da fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, polo tanto este centro directivo

 

RESOLVE:

 

Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes das categorías de celador, persoal de servizos xerais e cociñeiro, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es, relativas á baremación da fase de concurso, nas diversas epígrafes e a valoración total, indicando, ademais, se é o caso, a relación de aspirantes excluídos da fase de concurso por non presentar a documentación requirida ou por non cumprir os requisitos da convocatoria.

 

Segundo.-Abrir o prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os interesados poidan presentar, de ser o caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida expresamente á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde.

 

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2008.

 

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional