Resolución do 29 de setembro de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario, se nomean os aspirantes seleccionados como persoal estatutario fixo e se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente.

 

A base novena da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), do 19 de decembro de 2006 (DOG nº 246, do 26 de decembro) e do 22 de decembro de 2006 (DOG nº 247, do 27 de decembro), polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles aspirantes seleccionados que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

 

Por todo isto, esta división

 

ACORDA:

 

Primeiro.-Declarar finalizado o concurso-oposición convocado por Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), do 19 de decembro de 2006 (DOG nº 246, do 26 de decembro) e do 22 de decembro de 2006 (DOG nº 247, do 27 de decembro) para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde de cociñeiro, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e celador.

 

Segundo.-Nomear os aspirantes seleccionados para cada unha das ditas categorías que se inclúen no anexo desta resolución como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

 

Terceiro.-Adxudicarlles aos ditos aspirantes con carácter de destino definitivo a praza correspondente que figura no citado anexo desta resolución.

 

Cuarto.-Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo do dito prazo iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Quinto.-A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao interesado e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do interesado, a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

 

Sexto.-De conformidade co previsto no punto 6 da base oitava da citada convocatoria, os seguintes aspirantes dalgunhas categorías, inicialmente seleccionados, non optaron por un destino no prazo e de acordo co procedemento establecido, polo que non poden ser nomeados e quedan sen efecto todas as súas actuacións neste proceso selectivo:

 

Celador: Ana María Vidal Santos, DNI 78780162X.

 

En consecuencia, chamados os novos aspirantes pola orde de prelación que resulta da lista definitiva e logo de presentación da documentación que acredita o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria, inclúense os seguintes aspirantes:

 

Celador: María Aurora Alborja Rodríguez, DNI 36096945D.

 

Sétimo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria.

 

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2008.

 

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde