Resolución do 14 de xullo de 2008, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola
que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso
selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego
de Saúde, relativo á baremación definitiva da fase de
concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados.
O número 6 da base sexta B) da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de
2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en
determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que á vista das reclamacións
achegadas e realizadas, se for
o caso, as oportunas correccións á baremación
inicialmente asignada a cada aspirante, o tribunal publicará no Diario Oficial
de Galicia o acordo que conteña
a relación de aspirantes, pola orde
de puntuación acadada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a
puntuación total que será a suma de ambas as dúas. A
dita relación indicará as diferentes quendas de
acceso, así como os aspirantes definitivamente seleccionados, elevando esta
relación á autoridade convocante.
Así mesmo, na
base oitava dispón que recibida pola
autoridade convocante a proposta
de aspirantes que superaron o concurso-oposición na
categoría correspondente, acheguen
a oportuna documentación, polo tanto este centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Publicar
no anexo I desta resolución as puntuacións
definitivas da baremación da fase de concurso, obtidas
polos aspirantes das categorías de celador e cociñeiro
e, ademais, na páxina web www.sergas.es
A estimación ou desestimación das devanditas reclamacións á
baremación provisional entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.
Segundo.-Declarar aspirantes definitivamente
seleccionados os indicados no anexo II, de conformidade
coa totalidade das prazas ofertadas, en atención ás
posibles quendas de acceso.
Terceiro.-Só os aspirantes definitivamente seleccionados deberán achegar inescusablemente a seguinte documentación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte
ao da publicación desta
resolución, pois pola
contra quedarían excluídos do proceso selectivo:
a) Fotocopia compulsada do título exixido
para o ingreso na correspondente
categoría, segundo o disposto no anexo I da
Resolución da Secretaría Xeral do Servizo
Galego de Saúde do 8 de
agosto de 2006 (DOG nº 156, do 14 de agosto) e do 22
de decembro de 2006 (DOG nº
247, do 27 de decembro), así como acreditación que faga fe do requisito común da nacionalidade,
no caso de non ser a nacionalidade española.
b) Os participantes que accedan polas
quendas de promoción interna e de persoas
con discapacidade deberán achegar,
ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación
compulsada acreditativa para acceder pola correspondente quenda.
Só para os efectos de elección de
destinos, de conformidade co artigo 9 do Real decreto
2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o
acceso ao emprego público e
a provisión de postos de traballo
das persoas con discapacidade,
os aspirantes que superasen o concurso-oposición pola
quenda reservada a persoas
con discapacidade, poderán
solicitar á autoridade convocante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas
por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados,
polo que se recomenda a súa
advertencia por operatividade na
primeira semana do prazo
citado.
Cuarto.-Para os efectos da relación, por localidade e institución sanitaria, de prazas
que se ofrecerán aos aspirantes seleccionados e o procedemento e o prazo para que estes manifesten a súa opción polos destinos ofertados, coa
previsión de facerse nun
único chamamento e acto, serán publicadas con posterioridade no Diario Oficial de Galicia, indicando tamén a orde final de elección,
se é o caso, pola posible alteración prevista no
punto anterior.
Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin
á vía administrativa, os interesados poderán formular
recurso contencioso-administrativo ante o xulgado
competente, no prazo de dous
meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Potestativamente, poderán interpoñer
recurso de reposición, no prazo dun
mes, ante este centro directivo.
Santiago de Compostela, 14 de xullo
de 2008.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de
Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional