Resolución do 10 de outubro de 2007,
da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, relativo á
publicación de puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do
proceso selectivo convocado pola Resolución do 8 de agosto de 2006 (Diario
Oficial de Galicia número 155, do 14 de agosto).
O punto 11
da base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde
do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que tras a publicación das
puntuacións dos exercicios, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o
tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao de devandita publicación.
A estimación
ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas na resolución
pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.
Á vista das
reclamacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou as listaxes de
puntuacións definitivas outorgadas aos aspirantes, polo que procede agora
darlle publicidade, facultándose para iso expresamente este centro directivo,
polo que,
RESOLVE:
Primeiro.-Publicar as puntuacións definitivas
do segundo exercicio acadadas polos aspirantes das categorías de cociñeiro, do
grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servizos xerais de
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155,
do 14 de agosto).
A estimación
ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta
resolución de publicación.
Segundo.-Esta resolución poderá ser
impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da
citada convocatoria.
Santiago de
Compostela, 10 de outubro de 2007.
Antonio José
Fernández Paniagua
Director
xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional