Anuncio do 23 de novembro de 2007, da División
de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde,
relativo á publicación de puntuacións provisorias e á anulación de preguntas,
no seu caso, do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo
convocado pola Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8
de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto).
O apartado 10 da base sexta A) da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de
Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca
Concurso-Oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que trala realización dos
exercicios de oposición os aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles
para presentar reclamacións ao mesmo.
Se o tribunal,
de oficio ou en base ás reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas
das preguntas incluídas nun exercicio anunciarao publicamente xunto coa
publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos
taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de
Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web www.sergas.es.
Á vista das impugnacións presentadas en prazo, cada
tribunal confirmou a súa plantilla definitiva de respostas correctas, polo que
procede agora darlle publicidade ás listaxes de puntuacións outorgadas aos
aspirantes, facultándose para iso expresamente a este
centro directivo, polo que,
ANUNCIA:
Primeiro.- Publica-las puntuacións provisorias acadadas polos
aspirantes presentados ao terceiro exercicio da fase oposición das categorías
de cociñeiro, grupo auxiliar da función administrativa e de persoal de servizos
xerais, confirmándose as plantillas de respostas correctas.
A estimación ou
desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta
resolución de publicación.
Segundo.- Contra esta exposición os
interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación soamente contra a
puntuación obtida, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día
seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 23 de novembro
de 2007.
Asdo.: Antonio José Fernández
Paniagua.
DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE
RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL.