Resolución do 25 de maio de 2007, da
División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fai
público o lugar e a data de realización do segundo exercicio da fase de
oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal estatutario
de cociñeiro.
O número 4
da base sexta da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8
de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios de oposición da
fase de selección se realizarán nun lugar e á hora anunciada no Diario Oficial
de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación.
Adoptado
acordo polo tribunal da categoría de cociñeiro sobre o lugar, data e hora de
realización do segundo exercicio da fase de oposición, procede agora darlle
publicidade no DOG, facultándose para iso expresamente a este centro directivo,
polo que,
RESOLVE:
Primeiro.-Convocar os aspirantes que
superaron o primeiro exercicio da fase de oposición na categoría de cociñeiros
para a realización do segundo exercicio da fase de oposición. A
devandita proba práctica terá lugar nas datas consonte a seguinte distribución:
Día 12 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Otero Gestido,
Lourdes a Pena Nieto, Mª Carmen; ás 15.30 h: de Penido Espiño, Luisa a
Portasany Fernández, Mª Rita.
Día 13 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Pose García,
David a Riveiros Lamigueiro, Vicente; ás 15.30 h: de Rivera Rodríguez, Victoria
a Sánchez Lago, Isaac.
Día 14 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Sánchez Míguez,
María a Trimiño Azcuy, Carmen; ás 15.30 h: de Uceira González, Susana a Vázquez
Domínguez, Alberto.
Día 19 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Vázquez Gómez,
Antonio a Alonso Beiroa, Alberto; ás 15.30 h: Alonso Martínez, Damián a Arias
Lago, José Ramón.
Día 20 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Armesto
Valcárcel, Yolanda a Castaño Tubio, José A; ás 15.30 h: Castrillón Chicote,
Patricia a Cuartero Yus, José M.
Día 21 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Cuiña Cabana,
Isabel a Estrada Fernández, Blanca; ás 15.30 h: Fernández Álvarez Mª Eugenia a
Freire Carbajal, Victoria.
Día 26 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Freire Mella,
Mónica a Gil Blanco, José; ás 15.30 h: González Dacal, Jorge a Iglesia
Mourelle, Marta.
Día 27 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Iglesias Armada,
Miguel A. a López Ruzo, Sonia; ás 15.30 h: López Santiago, Belén a Maceiras
Charlón, Antonio.
Día 28 de xuño de 2007, ás 8.30 h: de Martínez Castro,
Francisco a Moure Abad, Mª Ángeles; ás 15.30 h: Moure Suárez, Juan Jesús a
Novoa Fidalgo, José.
Segundo.-Os
exercicios realizaranse no recinto do Hospital Teresa Herrera, do Complexo
Hospitalario Universitario Juan Canalejo de A Coruña.
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do
documento nacional ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.
Terceiro.-Os
aspirantes poderán empregar a súa propia vestimenta e ferramentas de cociña, se
así o desexan.
Cuarto.-O
chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por
calquera causa nas datas e horas indicadas.
Unha vez realizado o chamamento e a entrada ao recinto
do exame, os aspirantes serán conducidos por grupos de maneira sucesiva á
cociña do hospital para realizar a proba práctica, debendo permanecer agardando
os demais aspirantes convocados na mesma quenda ata que chegue a súa vez, sen
poder abandonar o recinto de espera por ningunha causa.
Quinto.-Non
se permitirá o acceso ou posesión de axendas electrónicas, soportes
electrónicos con memoria nin, especialmente, teléfonos móbiles (nin acesos nin
apagados) tanto no recinto de espera como na cociña en que se realice a proba
práctica.
Sexto.-Esta
resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no
número 2 da base décima da citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2007.
Antonio José Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos e
Desenvolvemento Profesional