Resolución do 12 de marzo de 2007, da
División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se
declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para
participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de
persoal estatutario deste organismo.
Os puntos 1 e 2 da
base cuarta da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8
de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca concurso-oposición
para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo
Galego de Saúde, prevén que, unha vez expirado o prazo de presentación de
instancias esta división dite unha resolución declarando con carácter
provisional, os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, así
como a súa publicación.
Por todo isto, esta división
ACORDA:
Primeiro.-Declarar,
con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar
no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da Secretaría
Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de
agosto).
Segundo.-As
listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse
nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería
de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, nos dos centros de xestión de
atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do
Sergas (www.sergas.es).
Terceiro.-Os
apirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir
do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de
Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa
exclusión.
Santiago de Compostela,
12 de marzo de 2007.
Antonio José
Fernández Paniagua
Director
xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional