Resolución do 27 de setembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola
que se fai público o lugar e a data de realización do
terceiro exercicio da fase
de oposición das categorías de cociñeiro, grupo
auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais de persoal estatutario deste
organismo.
O número 4
da base sexta da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en
determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios de
oposición da fase de selección se realizarán no lugar e a hora anunciada no
Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación.
Adoptado acordo polos respectivos tribunais
sobre o lugar, data e hora de realización do terceiro
exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade
no DOG, polo que este centro directivo,
RESOLVE:
Primeiro.-Convocar os aspirantes que
superaron o segundo exercicio da fase de oposición do
proceso selectivo das categorías de cociñeiro, do
grupo auxiliar da función administrativa e de persoal
de servizos xerais de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da Secretaría Xeral
do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto)
para a realización do terceiro exercicio
o vindeiro día 28 de outubro
de 2007, ás 10.00 horas.
Segundo.-O exercicio
realizarase no recinto da Feira Internacional de
Galicia en Silleda (Pontevedra).
Os
aspirantes terán que ir provistos necesariamente do
documento nacional de identidade ou
documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou
negro.
Non se
permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e posesión de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con
memoria.
Terceiro.-O chamamento
é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.
De conformidade co establecido no
segundo parágrafo do número 4 da base sexta da convocatoria e no artigo 15 do
Decreto 206/2005, do 22 de xullo, realizarase
o exercicio conxunto para
as diversas categorías convocadas en unidade de acto.
Así, por acordo do respectivo tribunal, en atención a
necesidades organizativas e dado o seu carácter obrigatorio e non eliminatorio, os aspirantes que coincidan
nas categorías do grupo auxiliar da función
administrativa e persoal de servizos
xerais accederán unicamente
pola entrada prevista para o grupo auxiliar da
función administrativa, e a puntuación obtida no exercicio de coñecemento da lingua galega aplicarase
para ambas as dúas categorías.
Cuarto.-Esta resolución poderá
ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima
da citada convocatoria.
Santiago de
Compostela, 27 de setembro de 2007.
Antonio José
Fernández Paniagua
Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento
Profesional