Resolución do 28 de novembro de 2006, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo.

 

Os puntos 1 e 2 da base cuarta da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevén que, unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, esta división dite unha resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da exclusión, así como a súa publicación.

Por todo isto, esta división

 

ACORDA:

 

Primeiro.-Declarar, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de cociñeiro, hixienista dental, telefonista e terapeuta ocupacional de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto).

 

Segundo.-As listaxes coa relación de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, e nos dos centros de xestión de atención primaria e especializada do Servizo Galego de Saúde e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

 

Terceiro.-Os apirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

 

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2006.

 

Antonio José Fernández Paniagua

Director Xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional