Resolución do 18 de setembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola
que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso
selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario deste organismo, relativo á conclusión da
fase de oposición e á apertura do prazo da fase de
concurso.
O número 1
da base sexta B) da resolución da Secretaria Xeral do
Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº
156, do 14 de agosto), pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, dispón que,
rematada na súa totalidade a fase de oposición, o tribunal publicará un acordo no Diario Oficial de Galicia, no que se declarará
rematada a fase de oposición e se abrirá un prazo dun mes, contado a partir do seguinte
ao da súa publicación, para
que estes aspirantes acheguen
a documentación acreditativa dos méritos que aleguen.
Ademais, pola Resolución do 17 de setembro
de 2007 publicáronse as puntuacións
definitivas acadadas polos aspirantes das categorías de
ATS, auxiliar de enfermaría, celador e pinche.
Adoptado acordo de finalización da fase de oposición polos
respectivos tribunais, procede agora
darlle publicidade no
Diario Oficial de Galicia, facultándose para iso
expresamente esta División de Recursos Humanos e Desenvolvemento
Profesional do Servizo Galego
de Saúde, polo que
RESOLVO:
Primeiro.-Declarar rematada a fase de
oposición nas categorías de ATS, auxiliar de
enfermaría, celador e pinche.
Segundo.-Publicar a relación alfabética e a
relación pola orde de
puntuación alcanzada no conxunto dos exercicios dos aspirantes que superaron a fase de oposición
das citadas categorías, nos taboleiros de anuncios
dos servizos centrais e
periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina
web www.sergas.es.
Terceiro.-Abrir o prazo
dun mes desde o día seguinte
ao da publicación desta
resolución, para que estes aspirantes presenten a
documentación acreditativa dos méritos que aleguen nos seguintes
lugares:
a) Na Secretaría Xeral da
Consellería de Sanidade.
b) Na División de Recursos Humanos e Desenvolvemento
Profesional do Servizo Galego
de Saúde.
c) Na oficina de Información ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública.
d) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.
e) Nas direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde.
f) Nos servizos de persoal dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do Servizo Galego de Saúde.
g) Nos servizos de persoal das administracións dos centros de xestión
de Atención Primaria do Servizo Galego
de Saúde.
h) A través
de calquera dos procedementos
do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento
administrativo común.
Cuarto.-Todos os aspirantes que superaran a
fase de oposición, deberán achegar no modelo contido no anexo I desta
resolución os méritos que aleguen xunto coa fotocopia compulsada do seu
DNI, así como a seguinte documentación, pois do contrario quedarían excluídos
do proceso selectivo:
a) Fotocopia
compulsada do título exixido para o ingreso na correspondente categoría.
b) Os
participantes que accedan polas quendas
de promoción interna e de discapacitados deberán achegar,
ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación
compulsada acreditativa, segundo os requisitos descritos nos puntos 2 e 3 da
base segunda da convocatoria.
Santiago de
Compostela, 18 de setembro de 2007.
Antonio José
Fernández Paniagua
Director xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento
Profesional