Resolución do 17 de setembro de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, relativo á publicación das puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 14 de agosto).

 

O punto 11 da base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto), pola que se convoca o concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que, tras a publicación das puntuacións dos exercicios, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación.

 

A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.

 

Á vista das reclamacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou as listaxes de puntuacións definitivas outorgadas aos aspirantes, polo que procede agora darlles publicidade, facultándose para iso expresamente este centro directivo, polo que,

 

RESOLVE:

 

Primeiro.-Publicar as puntuacións definitivas acadadas polos aspirantes das categorías de ATS, auxiliar de enfermería, celador e pinche de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto).

 

A estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.

 

Segundo.-Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria.

 

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2007.

 

Antonio José Fernández Paniagua

Director xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional