Resolución do 22 de maio de 2007, da
División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, relativo á
publicación das puntuacións definitivas dos exercicios da fase de oposición do
proceso selectivo convocado pola resolución da Secretaría Xeral do Servizo
Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (Diario Oficial de Galicia número 155,
do 14 de agosto).
O punto 11
da base sexta A) da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde
do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que tras a publicación das
puntuacións dos exercicios, os aspirantes poderán presentar reclamación ante o
tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación.
A estimación
ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución
pola que se publiquen as puntuacións definitivas dos distintos exercicios.
Á vista das reclamacións presentadas en prazo, cada
tribunal confirmou as listaxes de puntuacións definitivas outorgadas aos
aspirantes, polo que procede agora darlles publicidade, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que
RESOLVE:
Primeiro.-Publicar
as puntuacións definitivas acadadas polos aspirantes das categorías de cociñeiro,
hixienista dental, telefonista e terapeuta ocupacional de persoal estatutario
do Servizo Galego de Saúde, convocado pola resolución da Secretaría Xeral do
Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto).
A estimación
ou desestimación das devanditas reclamacións entenderase implícita nesta
resolución de publicación.
Segundo.-Esta
resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no
número 2 da base décima da citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2007.
Antonio José
Fernández Paniagua
Director
xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional