Anuncio do 12 de xullo de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, relativo á publicación de puntuacións provisorias e á anulación de preguntas dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) e pola Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 22 de decembro de 2006 (DOG nº 247, do 27 de decembro) e do segundo exercicio da categoría de cociñeiro.

 

O apartado 10 da base sexta A) da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) e da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 22 de decembro de 2006 (DOG nº 247, do 27 de decembro) pola que se convoca Concurso-Oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que trala realización dos exercicios de oposición os aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións ao mesmo.

 Se o tribunal, de oficio ou en base ás reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio o anunciara publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na súa páxina web  www.sergas.es.

 

Á vista das impugnacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou a súa plantilla definitiva de respostas correctas, ou ben a cualificación do segundo exercicio da categoría de cociñeiro, polo que procede agora darlle publicidade ás listaxes de puntuacións outorgadas ós aspirantes, facultándose para iso expresamente a este centro directivo, polo que,

 

ANUNCIA:

 

Primeiro.- Publica-las puntuacións provisorias acadadas polos aspirantes presentados aos exercicios tipo test da fase oposición das categorías de celador e matrona, confirmándose as plantillas de respostas correctas.

A estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.

Publicar igualmente as puntuacións provisorias acadadas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da categoría de cociñeiro.

 

Segundo.- Contra esta exposición os interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación soamente contra a puntuación obtida, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

Santiago de Compostela,  12 de xullo de 2007.

 

 

 

Asdo.: Antonio José Fernández Paniagua.

DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL.