Anuncio
do 4 de abril de 2007, da División de Recursos Humanos
e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, relativo á
publicación de puntuacións provisorias e á anulación de preguntas dos
exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Resolución
da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº
155, do 14 de agosto).
O apartado 10 da
base sexta A) da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de
agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca
Concurso-Oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, establece que trala realización dos
exercicios de oposición os aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles
para presentar reclamacións ao mesmo.
Se o tribunal, de oficio ou en base ás
reclamacións presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas
nun exercicio o anunciara publicamente xunto coa publicación das puntuacións
dos distintos exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos
servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Sergas e na
páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es.
Á vista das
impugnacións presentadas en prazo, cada tribunal confirmou a súa plantilla
definitiva de respostas correctas, polo que procede agora darlle publicidade ás
listaxes de puntuacións outorgadas ós aspirantes, facultándose para iso
expresamente a este centro directivo, polo que,
ANUNCIA:
Primeiro.- Publica-las
puntuacións provisorias acadadas polos aspirantes presentados ós exercicios
tipo test da fase oposición dos pasados días 10 e 11 de marzo de 2007,
confirmándose as plantillas de respostas correctas das correspondentes
categorías.
A
estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas
nesta resolución de publicación.
Segundo.- Contra esta
exposición os interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación
soamente contra a puntuación obtida, no prazo de cinco días hábiles contados a
partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2007.
Asdo.:
Antonio José Fernández Paniagua.
DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE
RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL.