Resolución do 21 febreiro de 2007, da
División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se fai
público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do
proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do organismo.
O número 4
da base sexta da resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8
de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca
concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios de oposición da
fase de selección se realizarán no lugar e á hora anunciada no Diario Oficial
de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación, polo que, este
centro directivo
RESOLVE:
Primeiro.-Convocar os aspirantes admitidos
con carácter definitivo na fase de oposición do concurso-oposición para o
ingreso nas categorías de cociñeiro, hixienista dental, telefonista e terapeuta
ocupacional de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola
resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de
2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) para a realización dos exercicios consonte a
seguinte distribución:
Día 10 de marzo de 2007: ás 10.00 horas: telefonista;
ás 15.30 horas: cociñeiro.
Día 11 de marzo de 2007: ás 10.00 horas: hixienista
dental e terapeuta ocupacional.
Segundo.-Os
exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda
(Pontevedra).
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do
documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa
identidade e de bolígrafo azul ou negro.
Non se
permitirá no recinto onde se realice o exercicio o acceso e posesión de
teléfonos móbiles, axendas electrónicas nin de calquera outro soporte con
memoria.
Terceiro.-O
chamamento é único, polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por
calquera causa.
De conformidade co establecido no segundo parágrafo do
número 4 da base sexta da convocatoria e no artigo 15 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, realizaranse os diversos exercicios, na
mesma data, para a mesma categoría, en unidade de acto. Así, por acordo do
respectivo tribunal, en atención ás necesidades organizativas
e dado o seu carácter non eliminatorio, executarase en primeiro lugar o
exercicio de coñecemento da lingua galega e a seguir, en unidade de acto, o
exercicio sobre o contido do programa, coas súas dúas partes, agás na categoría
de cociñeiro, que soamente realizará o primeiro exercicio.
Cuarto.-Esta
resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no
número 2 da base décima da citada convocatoria.
Santiago de Compostela, 21 febreiro de 2007.
Antonio José
Fernández Paniagua
Director
xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional.