Diario Oficial de Galicia
martes, 4 de xullo de 2006

I. DISPOSICIÓNS XERAIS


Número do Dog:

128


Páxina do Dog:

10.641


Data da Disposición:

15 de xuño de 2006


Sección:

I. DISPOSICIÓNS XERAIS


Organismo:

CONSELLERÍA DE SANIDADE


Rango:

Decreto


Título:

Decreto 107/2006, do 15 de xuño, polo que se modifica o Decreto 341/1998, do 12 de novembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos órganos colexiados na área de drogodependencias.



Decreto 107/2006, do 15 de xuño, polo que se modifica o Decreto 341/1998, do 12 de novembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos órganos colexiados na área de drogodependencias.

Con anterioridade á promulgación da Lei de Galicia sobre drogas, polo Decreto 174/1994, do 2 de xuño, de órganos colexiados de coordinación en materia de drogodependencias, creábase a Comisión de Coordinación Interconsellerías, a Comisión Interadministracións Públicas e a Comisión de Coordinación con Organizacións non Gobernamentais, comisións que tiveron como antecedente a Comisión Galega de Prevención e Loita contra a Drogodependencia, creada polo Decreto 81/1985, do 21 de marzo.

Cómpre recordar así mesmo a existencia da Comisión Tripartita de Prevención e Integración de Drogodependentes, creada polo Decreto 218/1993, do 24 de setembro.

O Decreto 341/1998, do 12 de novembro, polo que se regula a composición e funcionamento dos órganos colexiados na área de drogodependencias puxo fin á dispersión normativa existente na regulación dos órganos que actuaban no campo das drogodependencias.

Posteriormente ditouse o Decreto 223/2002, do 13 de xuño, para adaptar os citados órganos colexiados aos cambios acontecidos na estrutura orgánica da Xunta de Galicia polo Decreto 310/2001, do 17 de decembro (DOG nº 243, do 18 de decembro) que estableceu a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia e polo Decreto 44/2002, do 8 de febreiro, que estableceu a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG nº 37, do 20 de febreiro).

O 4 de agosto de 2005 publicouse no DOG o Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o 21 de marzo de 2006 publicouse o Decreto 45/2006, do 23 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, así como o Decreto 46/2006, polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas, polo que se fai necesario modificar novamente o decreto polo que se regulan os órganos colexiados na área de drogodependencias.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xuño de dous mil seis,

DISPOÑO:
Artigo 1º.-O artigo 2º queda redactado como segue:
Artigo 2º.-Composición.
1. A Comisión de Coordinación Interconsellerías estará integrada polos seguintes membros:

a) Presidente: a conselleira de Sanidade.
b) Vicepresidente 1º: o secretario xeral do Servizo Galego de Saúde.
c) Vicepresidente 2º: o subdirector xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.
d) Vogais:
-Un representante da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
-Un representante da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Un representante da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
-Un representante da Consellería de Cultura e Deporte.
-Un representante da Consellería de Traballo.
-Un representante da Consellería de Innovación e Industria.
-Un representante do centro con competencia en materia de seguridade.
-Un representante da Dirección Xeral da División de Asistencia Sanitaria.
e) Secretario:
Un funcionario do grupo A da Administración autonómica que designará o presidente da comisión.

2. Os vogais da comisión serán designados polos conselleiros e directores dos organismos autónomos respectivos e deberán ter nivel de director xeral.

Artigo 2º.-As alíneas a), b) e c) do artigo 4º, quedan redactados como segue:
Artigo 4º.-Composición.
A Comisión de Coordinación Interadministracións Públicas estará integrada polos seguintes membros:

a) Presidenta: a conselleira de Sanidade.
b) Vicepresidente 1º: o secretario xeral do Sergas
c) Vicepresidente 2º: o subdirector xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.
Artigo 3º.-As alíneas a), b) e c), do artigo 6º.1 quedan como segue:
Artigo 6º.-Composición.
1. A Comisión de Coordinación con Organizacións non Gobernamentais estará composta polos seguintes membros:

a) Presidenta: a conselleira de Sanidade.
b) Vicepresidente 1º: o secretario xeral do Sergas.
c) Vicepresidente 2º: o subdirector xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.
Artigo 4º.-Modifícase o artigo 10º, que queda redactado como segue:
Artigo 10º.-Composición.
A composición da Comisión Galega de Acreditación, Avaliación e Control do Programa de Tratamento con Opiáceos será a seguinte:

a) Presidente:
O subdirector xeral de Saúde Mental e Drogodependencias
b) Vicepresidente:
O xefe da Área de Asistencia, Formación e Investigación da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias

c) Vogais:
-Un representante da Subdirección Xeral de Farmacia e Produtos Sanitarios.
-Un inspector farmacéutico designado pola Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade por proposta da Subdirección Xeral de Inspección de Servizos Sanitarios.

-O xefe do servizo do rexistro de autorización de actividades e centros, da Consellería de Sanidade.

-Un representante da Administración central designado pola Delegación do Goberno en Galicia.

-Dous directores de unidades asistenciais de drogodependencias (UAD) designados polo presidente da comisión.

Artigo 5º.-Modifícase o artigo 15º, que queda redactado como segue:
Artigo 15º.-Composición.
A composición da Comisión Tripartita para o Desenvolvemento do Programa de Intervención en Drogodependencias no ámbito laboral será a seguinte:

a) Presidente: o secretario xeral do Servizo Galego de Saúde ou persoa en quen delegue.

b)Vicepresidente: o subdirector xeral de Saúde Mental e Drogodependencias.
c)Vogais:
1. Un representante da Dirección Xeral Relacións Laborais, en representación da Consellería de Traballo.

2. Un representante da Dirección Xeral de Acción Social, en representación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

3. Tres representantes das organizacións sindicais máis representativas no ámbito da comunidade autónoma.

d) Secretario: un funcionario do grupo A da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias, elixido polo secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, que actuará con voz pero sen voto.

Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase a conselleira de Sanidade para ditar as disposicións necesarias para a execución e o desenvolvemento do establecido neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor aos vinte días seguintes ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de xuño de dous mil seis.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Mª José Rubio Vidal
Conselleira de Sanidade



[Páx. Anterior][Sumario D.O.G.][Páx. Seguinte]



© Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia
Servizo prestado pola Consellería de Presidencia, AA.PP. e Xustiza
Correo electrónico: webdogaxunta.es