Presentación
|
A Consellería de Sanidade é o órgano da Administración autonómica responsable da dirección e control do desenvolvemento das funcións e competencias que lle corresponden á Xunta de Galicia en materia de sanidade de acordo co establecido nos artigos 27.23º, 28.8º e 33 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Ten como principais funcións de carácter estratéxico as intervencións que supoñan exercicio de autoridade necesarias para garantir a tutela xeral da saúde pública, a ordenación das relacións coas persoas que gozan do dereito ás prestacións sanitarias de cobertura pública, a fixación de obxectivos de mellora da saúde e a delimitación do dispositivo de medios de titularidade pública ou adscritos ao sistema, segundo as necesidades de saúde da poboación. |
|
| É,
por tanto, o órgano responsable da dirección e coordinación
das políticas sanitarias e sociosanitarias; realiza a función
de contratante da asistencia sanitaria, ademáis das súas
funcións en relación coa fixación dos criterios de
actuación do Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento
da súa política sanitaria. Por outra banda, no relativo á atención sociosanitaria, mantén unha estrutura administrativa encamiñada á protección sanitaria dos sectores sociais máis desfavorecidos ou máis vulnerables, complementando deste xeito a actuación levada a cabo por outros departamentos. |
|
| O Servicio Galego de Saúde (Sergas) é o organismo do Goberno de Galicia encargado de facilita-los servicios preventivos, asistenciais, rehabilitadores e sanitario sociais. O seu obxectivo cúmprese dentro do marco dos principios de equidade, cobertura e accesibilidade definidos pola Lei Xeral de Sanidade e polas prioridades que establece o Goberno de Galicia. Creouse no ano 1989, como un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, coa finalidade de dirixi-los servicios sanitarios de carácter público dependentes da comunidade autónoma. |
|
Dende o ano 1991, no que asumiu a transferencia do Insalud, experimentou un importante desenvolvemento, construíndo un gran número de centros de atención primaria, poñendo en marcha novos hospitais e integrando os procedentes das deputacións provinciais, concellos e do Ministerio de Defensa. Na actualidade conta cunha importante estructura para a realización das súas funcións, adaptada ás necesidades da poboación, que inclúemáis de cincocentos centros de atención primaria e hospitais propios en cada área sanitaria, dotados con tecnoloxía avanzada, nos que se realizan atencións do máis alto nivel. |
|
| Dispón dun equipo de técnicos especializados en xestión sanitaria, que desenvolven e aplican métodos que permiten mellora-los servicios e a utilización dos recursos, e que o configuran como unhaorganización dinámica e innovadora. De xeito complementario, desenvolve unha importante actividade docente e investigadora, nun marco amplo, coa finalidade de garanti-lo permanente avance e evolución do coñecemento profesional e científico no ámbito das ciencias da saúde. |
|