Información

Información para os pais e nais

De novo vos podedes involucrar activamente neste proxecto:
Animádevos e participade cos vosos fillos, construíde entre todos un Fogar sen Fume.

As familias dos escolares que asinen o compromiso de non fumar no seu fogar durante os 6 meses do concurso participarán no sorteo do premio Fogares sen fume, que se adxudicará tras as comprobacións oportunas.

¿Por qué?

Digámolo claro: o tabaco mata.

Tal vez cando vostede tiña a idade do seu fillo/a non lle contaron toda a verdade sobre os prexuízos que se derivan do consumo de tabaco e, sobre todo, dos beneficios para a saúde que se derivan de non fumar.

Tal vez cando vostede era neno/a non lle dixeron o que o tabaco era capaz de facer.

O tabaco provoca exactamente o que está escrito nas “cajetillas”. Fumar acurta a vida; o tabaco provoca cancro de pulmón; o fume contén benceno, nitrosaminas, formaldehído e cianuro de hidróxeno e pode provocar cancro nos non fumadores; o tabaco é moi aditivo; deixar de fumar reduce o risco de enfermidades mortais de corazón e pulmón; fumar provoca o envellecemento da pel.

A nicotina é a droga contida no tabaco responsable da adicción. A maioría dos fumadores se fan adictos á nicotina durante a adolescencia. Canto antes se comeza a fumar, maior é a probabilidade de converterse en fumadores habituais.

Os adolescentes, debido á influencia de numerosos factores (publicidade e promocións da industria tabaqueira, a facilidade para conseguir o tabaco, o seu baixo prezo ou a gran aceptación social do consumo) empezan a experimentar có tabaco moi cedo. O risco de chegar a ser fumador habitual é elevado debido ao gran poder adictivo da nicotina.

O consumo de tabaco pódese previr e é importante actuar antes de que o hábito estea consolidado.

“Axude aos seus fillos: afágaos a vivir sen tabaco”

díptico

Información para as mulleres

 

Información para os docentes

Información para os escolares