O consumo de tabaco entre os
adolescentes
- As idades entre 12 e 18 anos son decisivas para o rexeitamento ou a adopción
do hábito de fumar.
- A idade dos xoves que acenden os seus primeiros cigarros está
diminuíndo
- Cada día aumenta máis o número de fumadores xoves
en tódolos Estados membros da Unión Europea.
- Un de cada dous adolescentes fumadores morrerá polos efectos negativos
do tabaco.
- Cada ano, máis de 4.900.000 persoas morren
prematuramente no mundo como consecuencia de enfermidades relacionadas co
tabaco. (55.000 en España, o que supón o 16% de tódalas
mortes).
- En Galicia morren 10 persoas o día. (9 homes e 1 muller).
- En España a idade media de inicio no consumo de tabaco é
13,1 anos.
- O 29% dos xoves de 14 e 18 anos fuman (33% dos mozos e o 24% das mozas).
- O consumo medio é de 7,4 cigarros ao día.
- O 83% dos fumadores propúxose deixar de fumar nalgunha ocasión, aínda
que só o 42% o intentou.
- Non obstante, hai que mencionar que entre o ano 2000 e o 2002 se constata
un descenso na prevalencia do hábito tabáquico no grupo
de idade de 12 a 18 anos, que pasa de 32,2% a 28,9%, tras unha enorme
explosión en anos previos (máis de 7,3 puntos entre 1998
e 2000), o que parece indicar un discreto detemento da forte expansión
do hábito nos máis xoves.