Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzheimer (FAGAL)

Federación de asociacións galegas de familiares de enfermos de alzheimer (FAGAL)

untitled.png 
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER (FAGAL) PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E APOIO AOS FAMILIARES E COIDADORES
O Obxecto do Convenio
O presente Convenio ten por obxecto o desenvolvemento dunha serie de actividades no ámbito territorial de actuación da federación cos seguintes obxectivos:
1. Formación continuada dos profesionais que traballan ou colaboran coas asociacións.
2. Formación continuada das persoas que integran as directivas das asociacións de enfermos de Alzheimer e familiares.
3. Deseño e desenvolvemento conxunto coas asociacións federadas de programas de formación e coidados de coidadores.
4. Sensibilización social.
5. Información, orientación e asesoramento a familiares e coidadores.
6. Deseño e desenvolvemento conxunto coas asociacións federadas de programas psicoeducativos.
7. Difusión de cuestións relacionadas coa atención e o coidado das persoas que padecen unha demencia e as que as coidan.