Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario no eido da rehabilitación fisioterapéutica, logopédica, cognitiva, terapia ocupacional e apoio psicolóxico destinados á atención e rehabilitación dos colectivos correspondentes ás seguintes
liñas de actuación:.
Liña I. Enfermidades neurodexenerativas (incluíndo alzhéimer, demencias e párkinson).
Liña II. Trastorno do espectro autista.
Liña III. Dano cerebral adquirido, parálise cerebral e epilepsia.
Liña IV. Enfermidades raras e linfedema.
A súa finalidade é aumentar a autonomía, paliar as posibles limitacións e favorecer a rehabilitación e integración das persoas que compoñen os ditos colectivos.
Habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia o código SA803A para este procedemento administrativo.