O plan Marco

O plan Marco

<
Liñas de actuación
  • Definir unha carteira de servizos sociosanitarios única e o seu sistema de acceso
  • Mellorar a coordinación entre servizos sanitarios e sociais, a través da planificación conxunta
  • Potenciar a colaboración conxunta dos servizos sanitarios e sociais con outras entidades.
  • Potenciar a prestación dunha atención personalizada e de calidade,mellorando a eficiencia. Apoio ao coidador/a
  • Identificar e atender ás persoas con necesidades de atención sociosanitaria
  • Desenvolver ferramentes de identificación de pacientes con risco de perfil sociosanitario.
  • Garantir o nivel de excelencia futura a través da innnovación,desenvolvemento de sistemas de información e promoción de novas tecnoloxías
<
Obxectivos
  • Identificar, dende o sistema sanitario cales son as necesidades de atención sociosanitaria existentes e, consecuentemente, definir e consolidar as principais liñas de actuación e iniciativas en que o Servizo Galego de Saúde debe incidir nos próximos catro anos para proporcionarlles aos cidadáns unha asistencia integral,eficiente e de calidade adaptada ás persoas.
  • Realizar un diagnóstico de situación interno da atención sociosanitaria en Galicia
  • Analizar as tendencias e iniciativas levadas a cabo tanto no ámbito nacional como internacional no eido sociosanitario
  • Identificar aqueles perfís de pacientes susceptibles de ser incluidos no ámbito sociosanitario, para unha vez identificados propor a atención máis adecuada a cada situación.
  • Definir as liñas de actuación xerais, específicas e iniciativas que deberán servir de guía para os vindeiros catro anos
  • Identificar e atender ás persoas con necesidades de atención sociosanitaria
  • Desenvolver ferramentes de identificación de pacientes con risco de perfil sociosanitario.
  • Garantir o nivel de excelencia futura a través da innnovación,desenvolvemento de sistemas de información e promoción de novas tecnoloxías
  • Potenciar a prestación dunha atención personalizada e de calidade,mellorando a eficiencia. Apoio ao coidador/a
<
Perfís de actuación
  • Persoas con discapacidade física e dependencia funcional elevada
    • Dano cerebral adquirido
    • Enfermidade neurodexenerativa ou outras raras ou crónicas que causen limitación funcional grave
    • Lesión medular adquirida
    • Patoloxía aguda importante que precisa coidados prolongados e rehabilitación
  • Persoas con discapacidade asociada a enfermidade mental
    • Trastorno mental grave de evolución prolongada con necesidades de atención sociosanitaria
    • Patoloxía adictiva e alta necesidade de coidados sociosanitarios
    • Discapacidade asociada a enfermidade mental en menores de idade con alta necesidade de coidados sociosanitarios
  • Persoas con discapacidade intelectual: Discapacidade intelectual con alteración condutual severa e altas necesidades de coidados sociosanitarios
  • Persoas en coidados paliativos: Enfermidade crónica, avanzada e progresiva con prognóstico de vida limitada e alta necesidade de coidados sociosanitarios