Medro con Alcer

Medro con Alcer

<
Título do proxecto
Programa Medro con Alcer
<
Promotor/a
Programa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e desenvolvido pola Fundación ALCER coa colaboración do Servizo Galego de Saúde 
< 
Colectivo destinatario
Menores con enfermidade renal crónica en Galicia
<
Obxectivos
  • Desenvolver e implantar un modelo de intervención psicosocial cos menores con enfermidade renal crónica (ERC) e as súas familias.
  • Establecer estruturas sólidas de coordinación a nivel autonómico e estatal entre todas as partes implicadas dentro do proceso de atención sociosanitaria a estes menores e as súas familias.
<
Área xeográfica de intervención
Comunidade Autónoma de Galicia
<
Breve descrición do proxecto
  • Elaborar un mapa de menores con enfermidade renal crónica en Galicia,avaliar a súa situación psicosocial, deseñar e desenvolver proxectos de intervención individual a longo plazo que sirvan de soporte ao crecemento do/a menor
  • Valorar a posibilidade de realizar intervencións grupais
  • Informar do programa aos profesionais sanitarios implicados na asistencia ao menor e facilitar a coordinación de todos os departamentos administrativos implicados nas xestións de intervención clínica
  • Crear protocolos de derivación e aquelas outras intervencións que se consideren necesarias para que o/a menor teña atención óptima.
<
A nosa colaboración
  • Os servizos de pediatría, nefroloxía e uroloxía das diferentes áreas sanitarias informen sobre o programa aos menores con enfermidade renal crónica e súas familias e as remitan ás unidades de Traballo Social Sanitario.
  • Os/as profesionais de Traballo Social Sanitario ampliarán información sobre o programa e facilitarán o contacto das familias coa FAG