Intervencion social familiar

Intervencion social familiar

<
Título do proxecto
Intervención social cunha familia de 4 membros en situación de vulnerabilidade e risco social en atención primaria
<
Promotor/a
Alcira Baleato Negreira. Traballadora social do centro de saúde Fontiñas. Coordinadora de Traballo Social de Atención Primaria
<
Colectivo destinatario
Familia de 4 membros do barrio das Fontiñas
<
Obxectivos
Mellora da calidade de vida da unidade familiar avaliada.
<
Período de desenvolvemento
Durante 2018
<
Área xeográfica de intervención
Barrio das Fontiñas. Santiago de Compostela
<
Breve descrición do proxecto
Analízase a situación dunha familia formada por 4 persoas e abórdase a situación mediante:
  • Entrevistas cos pacientes e cos membros da súa familia extensa
  • Visitas domiciliarias
  • Análise de soportes documentais obrantes no Centro de Saúde
  • Interconsultas con profesionais do Centro de Saúde
  • Xuntanzas de coordinación con profesionais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Consellería de Política Social, Consellería de Sanidade, Centro de Saúde de Fontiñas, Fundación Galega para a Tutela de Persoas Adultas(Funga) Servizos Sociais do Concello de Santiago de Compostela
  • Comunicación ao equipo multidisciplinar
  • Comunicación ao Ministerio Fiscal
  • Coordinación con profesionais do IMELGA
Realízase un diagnóstico e valoración profesional da unidade familiar:
  • Familia con traxectoria vital disfuncional e conflitiva. Estilo de vida marxinal
  • Problemática de Saúde grave.Ausencia de hábitos saudables. As condicións sociais nas que vive agravan o seu estado de saúde
  • Precariedade económica. Beneficiarios da pensión non contributiva por invalidez. Ingresos inferiores ao IPREM
  • Vivenda insalubre/altamente deficiente, carecendo de equipamentos básicos,desafiuzamento. Condicións de habitabilidade moi deficientes dende o punto de vista hixiénico, vivenda insalubre/altamente deficiente, carecendo de equipamentos básicos,desafiuzamento. Condicións de habitabilidade moi deficientes dende o punto de vista hixiénico
  • Conflitos coa comunidade/veciñanza. Déficits na dinámica relacional coa contorna social, situación de elevado risco social, inadecuada cobertura das necesidades básicas e ausencia dunha persoa que exerza de forma idónea e continuada o rol de "coidador/a"