Comité de planificación de atención sociosanitaria de Galicia

Comité de planificación de atención sociosanitaria de Galicia

Órgano creado pola orde conxunta do 7 de agosto de 2009, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Traballo e Benestar coa finalidade de avanzar nos trabalos que vai desenvolver a Comisión Interdepartamental de Coordinación de Atención Sociosanitaria de Galicia.
A Composición
a) 3 representantes da Consellería de Sanidade ou, se é o caso, do Servizo Galego de Saúde
b) 3 representantes da Consellería de Traballo e Benestar
c) 2 ou máis expertos de recoñecido prestixio
As Actividades
a) Elaboración dun plan de actuacións sociosanitarias , no que se sitúen os usuarios, as prestacións sociosanitarias, os niveis de atención e coordinación entre a iniciativa social, publica e privada, e os diferentes niveis e servizos hospitalarios, de atención primaria e outras institucións, ademais da corresponsabilidade no financiamento da atención sociosanitaria
b) Unificar os criterios de actuación, mediante a utilización dunha linguaxe e dunha metodoloxía común, definindo os criterios para a orientación ao acceso á atención sociosanitaria de forma birideccional, elaborando os circuitos, os procedementos de actuación e os procesos entre as distintas institucións e servizos implicados e unificando o métodos e procedementos de avaliación da dependencia, establecendo cando se fai necesaria ou imprescindible a existencia sanitaria
c) Elaboración dun mapa de todos os recursos,públicos e privados en Galicia,definindo as distintas categorías e as carteiras de servizos destes.
d) Definición dos criterios para a optimización de recursos e os distintos tipos de atención (domiciliaria,centros de día,residencias asistidas,hospitalización,ect)
e) Redacción de protocolos e procedementos de actuación nos que se defina o tipo de atención que debe prestarse, acoutando claramente cando é necesaria a asistencia sanitaria.
f) Evitar a duplicidade innecesaria, se é o caso, de recursos do ámbito social e sanitario