Programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social

Programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social

nt.png 
 
<
Título do proxecto
Programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social
<
Promotor/a
Programa da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia desenvolvido pola Fundación Meniños en colaboración co Servizo Galego de Saúde
<
Colectivo destinatario
Mulleres embarazadas (e as persoas significativas que lles acompañan de xeito permanente) nas que se detecte algún dos factores de risco definidos. A participación é voluntaria
<
Obxectivos
  • Intervir naquelas situacións nas que se valore a existencia de risco prenatal para promover unha experiencia de coidado e maternidade saudable, favorecendo o vínculo temperá
  • Xerar un contexto de coidado para as mulleres embarazadas que axude a rebaixar os niveles de estrés
  • Empoderar á nai, devolvéndolle o protagonismo no seu embarazo
  • Facilitar a creación das condicións prenatais e de post parto adecuadas para a formación do vínculo afectivo co/a bebé
  • Promover nas nais e pais a creación dun contorno familiar ben tratante que facilite o desenvolvemento de tódolos membros da familia
  • Previr e detectar posibles problemas emocionais, de comportamento e de desenvolvemento dos nenos e nenas
<
Número de participantes previsto
25 mulleres na área de Santiago e 25 mulleres na área de Vigo
<
Período de desenvolvemento
Desde o ano 2017 na área de Santiago e desde o ano 2019 na área de Vigo
<
Área xeográfica de intervención
Santiago de Compostela e Vigo
<
Pertinencia
O funcionamento da mente humana depende da organización e funcionamento do cerebro e o funcionamento deste depende da calidade das relacións interpersoas con/coas nais/pais sobre todo durante a xestación e ata os tres anos. Unha ruptura na relación temperá de apego ou unha relación de apego perturbada, coma o apego desorganizado, ten grandes influencias para o desenvolvemento de trastornos psiquiátricos na idade adulta. A intervención nun estadío tan temperá coma o embarazo e os primeiros meses de relación co/coa bebé ten unha influencia moi positiva a medio e longo prazo sobre o comportamento do menor e tamén sobre o axuste emocional e social da nai
<
Breve descrición do proxecto
Preparación emocional e estrutural para o nacemento do/da bebé mediante talleres grupais durante o embarazo para traballar a función reflexiva da nai, a vinculación co/coa bebé e a creación dunha rede de apoio efectiva para superar a vulnerabilidade social (cos/coas profesionais implicados/as e entre as nais).
 
Apoio nos coidados do/da bebé recén nado/a, axudándolle a identificar as necesidades físicas e emocionais
 
Talleres grupais durante o primeiro ano de crianza promovendo a resiliencia marental e o bo trato ademais da orientación para a inserción social e laboral
<
Avaliación
Resultados cuantitativos (Santiago de Compostela 2018):
  • Ningunha derivación ao servizo de menores
  • O 92,86% das mulleres atendidas tiveron parto natural
  • O 64,29% das mulleres atendidas optaron pola lactancia materna
Resultados cualitativos (Santiago de Compostela 2018): Aumento do coñecementos acerca de hábitos de autocoidado e manexo do estrés, as etapas evolutivas dos/das bebés e a rede de recursos