Gripe aviaria

Gripe aviaria

Vixilancia e control

A gripe aviaria é unha enfermidade orixinada por virus gripais tipo A mantidos principalmente polas aves silvestres acuáticas e que poden infectar ás aves de curral, explotacións avícolas e outras especies de aves e animais, incluíndo ao ser humano, no que se veñen producindo infeccións esporádicas.

As persoas en contacto con aves infectadas, vivas ou mortas, ou coas súas secrecións e excrecións, pódense infectar e enfermar, dando lugar a un cadro respiratorio grave que pode ser fatal pero, en principio, estes virus da gripe aviaria non teñen a capacidade para transmitirse de persoa a persoa de forma eficiente.

A situación epidemiolóxica en relación á influenza aviaria está en constante evolución en todos os países do mundo. En Europa, dende a tempada 2021-2022, a epizootia en aves polo virus da Influenza Aviar de Alta Patoxenicidade do subtipo A(H5N1) está sendo moi intensa. Na actualidade, estanse a detectar focos en aves silvestres e explotacións avícolas tanto en España como en Portugal (ver as ligazóns do apartado Información focos).

En España, no ano 2022 detectáronse os dos primeiros casos de H5N1 en humanos, aínda que ao final foron consideradas contaminacións ambientais en lugar de verdadeiras infeccións.