O desenvolvemento das resistencias antimicrobianas é un dos
maiores problemas de saúde pública na actualidade.
A World Antimicrobial Awareness Week (WAAW) é unha
iniciativa que lidera a OMS e que terá lugar a semana do 18 ao 24 de
novembro de 2021. O principal obxectivo desta semana é aumentar a
conciencia mundial sobre a resistencia a estes medicamentos e promover as
mellores prácticas entre a poboación, os profesionais sanitarios, os
prescritores e os responsables de políticas sociais para evitar a
aparición e propagación da resistencia aos antimicrobianos.
En tempos de COVID, non hai que esquecer a resistencia aos
antimicrobianos. Permanecer unidos para preservar os antimicrobianos.
Que podemos facer para evitar as resistencias?
- Tomar antibióticos só cando se prescribiron polo médico
- Seguir as indicacións do médico en canto á dose e duración do
tratamento con antibióticos
- Non tomar nunca antibióticos por recomendación doutras persoas ou por
prescrición para infeccións anteriores.
- Cumprir a vacinación segundo o recomendado polos médicos
- Lavar frecuentemente as mans con auga e xabón