Unidade Central de Saúde Laboral da Administración sanitaria UCSLAS

Unidade Central de Saúde Laboral da Administración sanitaria UCSLAS

Que é?

É un órgano funcional dependente da Dirección Xeral competente en materia de Saúde Pública.

 

Quen a compón?

Técnica/o superior en saúde laboral, con apoio dun grupo técnico composto por:

 ◾1 Representante técnico/a da subdirección xeral competente en materia de información en saúde e epidemioloxía

 ◾1 Inspector/a responsable en temas de saúde laboral da subdirección xeral competente en materia de inspección, auditoría e acreditación.

 ◾1 Representante técnico/a da dirección xeral competente en materia de asistencia sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

 

Que fai?

Agrupar e coordinar as actuacións en saúde laboral dentro da Consellería de Sanidade, co fin de cumprir as competencias da lexislación:

Órgano de colaboración e asesoramento para os temas de saúde laboral dentro da administración sanitaria.

Órgano de contacto cos outros departamentos implicados na saúde laboral.

Sirve de interlocutor da administración sanitaria coas sociedades científicas e organizacións de saúde laboral.