Tétano

Tétano

O Tétano é unha enfermidade aguda que se caracteriza por contraccións musculares dolorosas. Débese á exotoxina do Clostridium tetani, que é un bacilo anaerobio grampositivo, móbil e formador de esporas. As esporas son resistentes á ebulición e a certos desinfectantes como formol, fenol ou cloramina utilizados de xeito habitual.
 
O reservatario do bacilo do tétanos é animal, humano e telúrico, polo que se atopa amplamente difundido na natureza, habitualmente en forma de esporas, e a enfermidade pódese previr mediante vacinación, que se administra segundo recomenda o Programa Galego de Vacinación (PGV).
 
As feridas, recoñocidas ou non, son a porta de entrada do bacilo ao organismo e son especialmente perigosas as feridas chamadas tetaníxenas:
1. Feridas ou queimaduras que requiran intervención cirúrxica que se atrasa máis de 6 horas
2. Feridas ou queimaduras cun importante grado de tecido desvitalizado
3. Ferida punzante, particularmente onde houbo contacto co chan ou con esterco
4. Feridas contaminadas con corpo estraño (especialmente de orixe biolóxica - madeira-)
5. Feridas con fracturas
6. Mordeduras
7. Feridas por conxelación
8. Feridas ou queimaduras en pacientes que teñen sepse sistémica
 
FERIDAS.jpg 
 

(1) No caso de inmunodeprimidos e usuarios de drogas por vía parenteral, administrarase unha dose de inmunoglobulina no caso de feridas tetaníxenas, independentemente do estado de vacinación.

(b) IGT: inmunoglobulina antitetánica. Administrarase en lugar separado da vacina. En xeral adminístranse 250 UI. Se transcorreron máis de 24 horas, en persoas con máis de 90 kg de peso, en feridas con alto risco de contaminación ou en caso de queimaduras, fracturas ou feridas infectadas, administrarase unha dose de 500 UI.

(2) Aquelas feridas tetaníxenas contaminadas con gran cantidade de material que pode conter esporas e/ou que presente grandes zonas de tecido desvitalizado (feridas de alto risco), recibirán unha dose de inmunoglobulina.​​