REGELA

REGELA

Que é?

Rexistro Galego de Exposi­ción Laboral ao Amianto

Quen o regula?

O decreto 168/2019, de 12 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro Galego de Exposición Laboral ao Amianto.

Que tipos de persoas serán obxecto de rexistro?

a) Persoas preexpostas: aquelas persoas sometidas á vixilancia da saúde obrigatoria antes do inicio dos traballos con exposición ao amianto para determinar a súa aptitude específica para estes traballos.

b) Persoas expostas: aquelas persoas traballadoras con exposición laboral ao amianto en Galicia no momento actual, independentemente do seu lugar de residencia.

c) Persoas postexpostas activas na mesma empresa: aquelas persoas traballadoras con exposición laboral ao amianto nalgún momento da súa vida laboral, que non están ex­postas na actualidade, que sigan vinculadas laboralmente á mesma empresa en que tivo lugar a exposición e residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Persoas postexpostas activas en distinta empresa: aquelas persoas traballadoras con exposición laboral ao amianto nalgún momento da súa vida laboral, que non están ex­postos na actualidade, vinculadas laboralmente a unha empresa distinta en que tivo lugar a exposición e residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Persoas postexpostas inactivas: aquelas persoas con exposición laboral ao amianto nalgún momento, que se atopen en situación de cesamento na actividade laboral e residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As persoas con exposición laboral non incluídas no número 1, poderán ser inscritas no rexistro, sempre que acheguen as probas documentais adecuadas e suficientes que acrediten a súa exposición laboral a fibras de amianto ou de materiais que o conteñan e teñan a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Como se rexistran?