Promoción do uso de kits de inxección hixiénica de drogas

Promoción do uso de kits de inxección hixiénica de drogas

Os programas de redución de danos promoven a inxección hixiénica en persoas que se inxectan drogas. Dado que estes programas obtiveron excelentes resultados no control da transmisión do VIH, o Plan mantén a compra de paquetes de inxección hixiénica, distribúeos e xestiona a recollida de xiringas usadas. Estes paquetes están compostos por unha xiringa de 1 ml con agulla, unha ampola de auga estéril para inxección, unha toalliña de alcohol isopropílico ao 70% en vol., e un contedor ríxido individual para gardar a xiringa.

A distribución deste material faise a través do Programa de intercambio gratuíto e do Programa de venta subvencionada en farmacias:

Programa de intercambio gratuíto de xiringas
A través deste programa, a persoa que se inxecta drogas pode adquirir gratuítamente paquetes de inxección hixiénica a cambio de entregar xiringas usadas. Estas xiringas usadas teñen que depositarse en contedores específicos para este fin no centro que lle proporciona os paquetes de inxección hixiénica. As entidades que desenvolven este programa son: as Unidades de Asistencia a Drogodependencias, algunhas farmacias, os servizos sociais dalgúns concellos e entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven programas preventivos dirixidos a persoas usuarias de drogas inxectadas. Para particiar neste programa deben solicitalo á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública a través do seguinte enderezo electrónico: innovacion.xestion.saudepublica@sergas.es

Programa de venta subvencionada en farmacias
As farmacias que participan neste programa venden os paquetes de inxección hixiénica ao prezo dunha xiringa de insulina, a DXIXSP proporciona gratuítamente o resto do material dos paquetes de inxección hixiénica. Este programa desenvólvese en varias farmacias de Galicia. Para participar neste programa, a farmacia debe poñerse en contacto coa súa distribuidora farmacéutica.

Se a túa entidade xa pertence ao Programa de Intercambio de Xiringas, podes facernos o pedido de paquetes de inxección hixiénica e recambio de contenedores de xiringas usadas no seguinte enderezo electrónico, números de teléfono ou fax:

E-mail: plan.vih.its@sergas.es

Números de teléfono:
881 54 29 96
881 54 29 14

Fax: 881 54 29 71