Programa da proba rápida de VIH

Programa da proba rápida de VIH

Programa de diagnóstico precoz do VIH

A mediados de 2011, arranca o Programa de diagnóstico precoz do VIH en Galicia no que se realizan probas rápidas de VIH en fluído oral. Estas probas, como todas as probas de VIH, soamente dan un resultado fiable se se realizan tres meses despois da práctica de risco (período ventá). Estas probas non son diagnósticas polo que, no caso dun resultado reactivo (positivo), debe confirmarse cunha análise de sangue específica para detectar o VIH.

As principais características destas probas son:

- Alta sensibilidade (>99%) e especificidade (>99%) así como elevada reproducibilidade.
- Tipo de mostra máis sinxela de recoller.
- Necesidade de pouco equipamento técnico.
- Sinxela de levar a cabo: pouco adestramento.
- Fácil de interpretar: interpretación visual.
- Rápida: entre 20 e 40 minutos.
- Fácil de almacenar: a temperatura ambiente (20-30ºC).
- Vida útil: 12 meses ou máis.
- Axeitada para facer un volume de probas pequeno.
- Mínima eliminación de residuos.
- Baixo custo.

Estas probas poden realizarse nas seguintes entidades: Centros Quérote+, Asociación Aliad-Ultreia, Asociación antidroga Renacer, Asociación Faraxa, Asociación Galega para a saúde sexual (AGASEX),Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS A Coruña), Hermanas Oblatas do Santísimo Redentor de Ferrol, Comité antisida da Coruña (CASCO), Comité cidadán antisida de Ourense, Fundación Érguete-Integración, Médicos del Mundo, AGAVIH, ONG Ecos do Sur e a UAD de Monforte de Lemos.

Para solicitar a inclusión dunha entidade neste programa debe solicitalo no seguinte enderezo electrónico, teléfonos ou fax:

Email: plan.vih.its@sergas.es

Teléfono:
881 54 29 96
881 54 29 14

Fax:
881 54 29 71​