Procedemento para a elaboración de publicacións electrónicas

Procedemento para a elaboración de publicacións electrónicas

A Dirección Xeral de Saúde Pública ten, dentro das súas labores, o cometido da realización de publicacións de índole técnica e administrativa. Estas publicacións, ata fai ben pouco tempo, víñanse a realizar exclusivamente editadas e impresas en papel. Por mor dos avances técnicos e tecnolóxicos experimentados nos últimos tempos, é necesario o poder dispor desas edicións en formatos dixitais.

Esta Dirección Xeral dispón como estándar para a realización de documentos dixitais a utilización do formato PDF (Portable Document Format), por estares amplamente difundido e utilizado, así como pola accesibilidade das ferramentas para o seu manexo, gratuítas na súa maioría.

Dada a clara finalidade destes documentos (sobre todo a súa dispoñibilidade a través da Web http://dxsp.sergas.es) é necesario que estes cumpran uns requisitos mínimos para axeitar a súa adecuada funcionalidade.

 

REQUISITOS para a conversión dunha publicación ao seu formato dixital:

- Os arquivos finais, deberán estar en formato PDF estándar, que se poida ler polos programas xenéricos (adobe acrobat reader e/ou similar).

- O nome dos arquivos non conterá espazos en branco nin caracteres especiais (eñes, tildes, símbolos, ...).

- A súa extensión será .PDF

- O tamaño dos arquivos será o menor posible, non excedendo estes de 2Mb (nun só arquivo, portada e contraportadas incluídas) para facilitar a súa lectura en Web (poderanse admitir, en circunstancias especiais -a estudiar individualmente en cada caso-, arquivos de maior tamaño).

- Os arquivos non estarán protexidos por contrasinais, nin encriptados e sen clave. Non se limitará (nas propiedades do mesmo) a súa posibilidade de impresión, selección de texto e/ou outras características de accesibilidade aos contidos.

- No caso de dípticos, trípticos, ... ou calquera outro tipo de documento que non sexa paxinado, procederase a paxinar cada un dos elementos para facilitar a súa lectura (como exemplo; dun tríptico ten que resultar un PDF de seis páxinas). Os formatos grandes (carteis, pancartas, ...) axustaranse (proporcionalmente) ao tamaño A4.

- En determinadas circunstancias, pode resultar necesario incrustar as fontes especiais (sobre todo nas tipografías das portadas).

- No caso de que sexa necesaria, se permitirá a utilización dun compresor de arquivos para o seu envío por correo electrónico , gravalo nun dispositivo de almacenamento,...De seres así, utilizarase o formato ZIP.

É necesario informar a todas as partes implicadas, nos procesos de produción dos documentos, destes requisitos.

 
 

Data de actualización: Xaneiro 2016