Plan de Trastornos Adictivos 2011-2016

Plan de Trastornos Adictivos 2011-2016

As respostas que se formulan no marco do Plan de Trastornos Adictivos de Galicia 2011-2016 para facer fronte ás adiccións fundaméntanse no establecido na Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, na Lei de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, na Estratexia Europea en Materia de Loita Contra as Drogas e na Estratexia Nacional sobre Drogas.
 
Os principios que orientan este plan son os seguintes:
  • Adaptación ao horizonte temporal marcado pola Estratexia Nacional sobre Drogas.
  • Coordinación intersectorial.
  • Corresponsabilidade: sen prexuízo da especial responsabilidade que deben asumir os poderes públicos, a intervención sobre as condicións que favorecen o consumo de drogas e as súas consecuencias concirne a toda a sociedade.
  • Participación social na planificación e execución das respostas que se deben dar fronte ás adiccións.
  • Normalización: as respostas que se deben arbitrar fronte ás adiccións basearanse na utilización preferente dos recursos sanitarios, sociais, educativos, de emprego, etc. existentes na comunidade.
  • Prioridade das intervencións preventivas.
  • Promoción de hábitos de vida saudables e dunha cultura de saúde.
  • Abordaxe integral das adiccións: inclusión de intervencións en materia de redución da demanda e da oferta, asistencia e incorporación social. Accesibilidade aos servizos.
  • Inclusión da perspectiva de xénero en todas as actuacións para desenvolver en materia de investigación, prevención, asistencia e incorporación social: homes e mulleres asumen comportamentos e riscos diferentes respecto das adiccións que requiren de respostas diferenciadas.
  • Respostas baseadas na evidencia científica dispoñible.
  • Avaliación continuada dos resultados e impacto das medidas adoptadas. Aseguramento da execución mediante a consignación orzamentaria correspondente por parte da Xunta de Galicia.Todas as actividades derivadas do desenvolvemento deste Plan adheriranse ás políticas de eficiencia, austeridade e mellora da xestión que marque a Xunta de Galicia.