Perfil de Galicia no proxecto europeo I2SARE (Indicadores de Desigualdades de Saúde nas Rexións de Europa)

Perfil de Galicia no proxecto europeo I2SARE (Indicadores de Desigualdades de Saúde nas Rexións de Europa)

O proxecto europeo I2SARE (Health Inequalities Indicators in the Regions of Europe ou Indicadores de Desigualdades de Saúde nas Rexións de Europa), elaborou un perfil de saúde para cada "rexión de saúde Isare". O principal obxectivo deste proxecto é apoiar a toma de decisións sobre políticas de saúde, a través dunha mellor comprensión do estado de saúde da poboación e das desigualdades de saúde a nivel rexional. As rexións definidas abarcan os 27 países da Unión Europea. As 19 rexións correspondentes a España son as 17 comunidades autónomas e as 2 cidades autónomas.

Un perfil de saúde é un documento breve que ofrece unha visión concisa da situación de saúde dun territorio usando un grupo de indicadores que tratan diferentes temas e que permiten a comparación con outros territorios do mesmo nivel. No seguinte arquivo pódese consultar o perfil de saúde elaborado para Galicia, que facilita a comparación con outras rexións españolas e europeas, tendo en conta os datos de 37 indicadores agrupados en 5 categorías: demografía e condicións socioeconómicas, mortalidade, morbilidade, factores de risco e, por último, profesionais da saúde e servizos de saúde.