PIVISTEA

PIVISTEA

Que é?

É un programa de control da vixilancia da saúde dos traballadores que estiveron ou están expostos ao amianto.

Como se fai?

A vixilancia Saúde destes traballadores debe realizarse segundo protocolo de vixilancia sanitaria específica do MSSSI.

Quen debe facela?

A saúde dos postexpostos inactivos (non traballan xa nas empresas onde foi a exposición) debe ser vixiada a través do Servizo Nacional de Saúde,e a vixilancia dos postexpostos activos (aínda traballan na empresa onde foi a exposición, pero non expostos ao amianto) e os expostos (traballan na actualidade en postos con exposición ao  amianto) corresponde á súa empresa a través do seu Servizo de Prevención.

Que é o PIVISTEA?

É un Plan integral de Vixilancia da saúde dos traballadores que estean ou estiveron expostos ao amianto. (PIVISTEA), aprobado pola Comisión de Saúde Pública o 12 de decembro de 2002, pola Comisión Nacional de Saúde no Traballo o 29 de xaneiro de 2003 e polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde o 26 febreiro 2003, é un programa acordado entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e as comunidades autónomas, que recolle entre as súas estra­texias a elaboración dun rexistro de persoal laboral exposto e postexposto ao amianto.
Se realiza unha avaliación das actuacións realizadas en cada comunidade autónoma, que se remite cada 2 anos ao Ministerio de Sanidade Servicios Sociales e Igualdad.