Planificación estratéxica e carteira de servizos

Planificación estratéxica e carteira de servizos

Carteira de servizos en materia de procesos preventivos

A carteira de servizos en materia de prevención das drogodependencias  pretende mellorar a calidade das actuacións que se leven a cabo neste ámbito en Galicia, establecendo un marco de garantías para o conxunto das institucións, os profesionais e os cidadáns nesta materia e a oferta dun conxunto de servizos “estandarizados”.

No marco da filosofía de mellora da calidade dos programas e a busca da excelencia, a Consellería de Sanidade asume unha serie de compromisos con que pretende asegurar o acceso a diversos programas e servizos en materia de prevención a diversos colectivos. Esta acción supón a asunción dun compromiso claro coa cidadanía, as restantes institucións e as organizacións sociais, para desenvolver un determinado número de servizos ou programas en certas condicións de calidade, que pasan a ser exixibles á entidade promotora.
Os obxectivos que persegue a carteira de programas en materia de prevención do Plan de Galicia sobre Drogas son os seguintes:
  • Definir a carteira de servizos básicos (programas) que se compromete a desenvolver o PGD no ámbito da prevención.
  • Garantir a existencia, como mínimo, dun programa de prevención universal e selectiva ou indicada en tres ámbitos estratéxicos para o desenvolvemento da acción preventiva: escolar, familiar e ocio.
  • Dar unha resposta adecuada ás necesidades que en relación coas drogodependencias presenta a poboación galega.

 

Plan de Trastornos adictivos de Galicia

A estratexia de actuación en materia de prevención de drogodependencias e condutas adictivas da Consellería de Sanidade detállase periodicamente no seu plan de trastornos adictivos. Na actualidade está vixente o Plan de trastornos adictivos 2001-2016.

Establece 10 obxectivos xerais:

  • Reducir a prevalencia dos consumos de bebidas alcohólicas, tabaco e drogas ilegais.
  • Intensificar os mecanismos de regulación e control sobre a promoción e venda de bebidas alcohólicas e tabaco a menores.
  • Reducir a prevalencia das adiccións sociais e condutas relacionadas.
  • Diminuír os riscos e reducir os danos para a saúde e o benestar derivados do consumo de alcohol, tabaco e drogas ilegais.
  • Mellorar a cobertura asistencial dos trastornos adictivos.
  • Garantir unha asistencia de calidade ás persoas con problemas de adicción desde o Sistema Público de Saúde.
  • Apoiar os procesos de integración social das persoas atendidas en Rede de Tratamento de Condutas Adictivas.
  • Impulsar programas de formación continua e actualización en drogodependencias e outras adiccións para profesionais da Rede de Tratamento de Condutas Adictivas, técnicos de prevención, profesionais sanitarios e sociais e outros colectivos relevantes na prevención, o tratamento ou a incorporación social.
  • Realizar investigacións que contribúan a mellorar os coñecementos sobre diversos aspectos relacionados coa intervención en materia de trastornos adictivos.
  • Intensificar a coordinación e cooperación institucional.

 

Estratexia Nacional sobre Drogas

A Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas establece periodicamente o seu marco de actuación nunha Estratexia Nacional sobre drogas (a vixente é a 2009-2016). Esta estratexia, dividida en dous plans de acción de 3 anos de duración cada un deles, establece os principios reitores e obxectivos xerais que permitirán intervir nos ámbitos da reducción da oferta, reducción da demanda, mellora do coñecemento científico básico e aplicado, formación e cooperación internacional.

 
Esta estratexia proporciona o marco político xeral e as prioridades de actuación da UE nesta materia, e ven determinada polos estados membros e as institucións da UE. Este marco, a finalidade e os obxectivos serven de base para a elaboración dos plans de acción cuatrienais. O plan de acción vixente (2013-2016) establece as accións que se levarán a cabo para acadar os obxectivos nos ámbitos da reducción da demanda, reducción da oferta, coordinación, cooperación internacional e información, investigación, seguimento e avaliación.