Obxectivos do programa

Obxectivos do programa

Os sistemas de vixilancia en Saúde Pública de calquera enfermidade están suxeitos a unha serie de problemas relacionados, entre outros aspectos, coa definición de caso, recolección e validez dos datos e difusión da información. Dentro do capítulo de recolección de datos, o atraso na notificación de casos ten especial transcendencia na vixilancia de moitas enfermidades ou procesos nas que a demanda de información actualizada é constante.

O obxecto deste programa é facilitar tres modelos de estimación de atraso (Poisson, loxístico e truncamento) para o seu uso rutineiro polas unidades de vixilancia de Saúde Pública.

Cada usuario deberá determinar qué modelo se axusta mellor ás características do atraso da enfermidade que se vixiará no seu país ou rexión. Moucho (anteriormente Rsida) creouse para facilitar os cálculos, dunha complexidade tal que faría imposible un tratamento doutro tipo. O programa está deseñado para traballar bases de datos .dbf, e unicamente precisa, para realizar os cálculos, que na base de datos sobre a que se vai estimar, exista unha variable coa data de diagnóstico e outra coa data de notificación de cada caso, ambalas dúas en formato “data”.

É preciso un amplo coñecemento do sistema de rexistro do país ou rexión en que se desexa estima-lo atraso. Non se olvidará que o principal problema da vixilancia de Saúde Pública en moitos países segue sendo o número importante de casos diagnosticados que nunca chegan ós sistemas de información. Ante isto, o subrexistro, de nada serven os modelos propostos e en mans dos responsables de cada rexistro queda decidir o procedente da súa utilización.