II Xornada "A saúde en todas as políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde”

II Xornada "A saúde en todas as políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde”

 

 Cartel.jpg

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), están a organizar a II Xornada “A saúde en todas as políticas. Plans locais de saúde e avaliación do impacto en saúde” que se celebrará o vindeiro 3 de outubro en Santiago de Compostela.

Obxectivos da xornada:

• Fomentar a inclusión da Saúde en Todas as Políticas mediante a elaboración dos Plans Locais de Saúde.
• Dar a coñecer a metodoloxía da Avaliación do Impacto en Saúde como ferramenta de apoio aos obxectivos dos Plans Locais de Saúde.
• Facilitar o traballo da administración local na elaboración do seu Plan de Saúde en colaboración coa administración autonómica.
• Dar continuidade ás accións impulsadas para promover o desenvolvemento da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde (EPSP-SNS) no ámbito local.

A xornada está dirixida aos responsables, persoal técnico dos concellos, deputacións e administración autonómica das áreas relacionadas cos determinantes da saúde e asociacións e organizacións cidadáns.