Enfermidades transmitidas por vectores

Enfermidades transmitidas por vectores

 

Mosquitos e carrachas son vectores de diferentes enfermidades presentes en Galicia, como a leishmaniose (mosquito do xénero Pheblotomus), a febre exantemática mediterránea (fundamentalmente a carracha do can Riphicephalus sanguineus) e a enfermidade de Lyme (fundamentalmente carrachas Ixodes ricinus). Isto quere dicir que, en Galicia, están presentes mosquitos e carrachas infectados cos microorganismos que dan orixe a estas enfermidades.

En Galicia tamén hai mosquitos e carrachas que son vectores doutras enfermidades, como a debida ao virus do Nilo Occidental (mosquito do xénero Culex), dengue, chikungunya ou zika (mosquito Aedes albopictus) ou a febre hemorráxica de Crimea-Congo (carracha do xénero Hyalomma), que non están a transmitir estas enfermidades en Galicia por non estar infectados cos microorganismos que as producen. Non obstante, esta situación pode mudar se os mosquitos ou as carrachas se infectan e acadan a densidade necesaria.  De feito, xa houbo casos humanos da enfermidade debida ao virus do Nilo Occidental que a adquiriron no sur da península Ibérica, e de febre hemorráxica de Crimea-Congo que a adquiriron en Castela e León.
 

Para poder deseñar intervencións que permitan controlar a transmisión destas enfermidades en Galicia, é preciso coñecer a densidade, distribución espazo-temporal e, no seu caso, grao de infestación dos vectores que xa están presentes no noso territorio, e detectar a chegada e instalación dos que aínda non o están.ara poder deseñar intervencións que permitan controlar a transmisión destas enfermidades en Galicia, é preciso coñecer a densidade, distribución espazo-temporal e, no seu caso, grao de infestación dos vectores que xa están presentes no noso territorio, e detectar a chegada e instalación dos que aínda non o están.

Para dar conta destas tarefas en 2017 constituíuse a Rede Galega de Vixilancia de Vectores, ReGaViVec, mediante o convenio entre as consellerías de Sanidade e do Medio rural, posto que os vectores sono tamén de enfermidades animais, e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo. En 2017 xa se recolleu información sobre a presenza de mosquitos en Galicia e, en 2018, vaise recoller tamén información sobre carrachas.

Nas ligazóns da dereita pódese acceder aos informes de ReGaViVec e a outras páxinas sobre vixilancia de vectores, e, nos de abaixo, a información sobre as enfermidades humanas transmitidas por mosquitos e carrachas máis relevantes en Galicia.

 

 

ReGaViVec_v6b1.JPG