Curso de persoa cazadora con formación

Curso de persoa cazadora con formación

CURSO DE PERSOA CAZADORA CON FORMACIÓN

A Xunta de Galicia ofertará unha nova edición do Curso de persoa cazadora con formación organizado pola Escola Galega de Saúde Pública.

Data de celebración: Último trimestre de 2023

Lugar: Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en A Coruña (rúa Durán Loriga, 3).

Nº de horas lectivas: 7 horas

Número de prazas: 50


O Obxectivo do curso  é obter a credencial como persoa cazadora con formación (en materia de sanidade e hixiene), mediante a acreditación dos coñecementos detallados na sección IV, capítulo I, número 4 do anexo III do Regulamento (CE) nº 853/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, en materia de control in situ, sanitario e de hixiene, das pezas de caza silvestre abatidas coa finalidade de seren destinadas ao consumo humano, así como do control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior, establecidos no no anexo IV do Real Decreto 50/2018, de 2 de febreiro, polo que se desenvolven as normas de control de subprodutos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal, na práctica cinexética de caza maior.


Inscrición:

Requisitos para a inscrición:

 • Estar empadroado en Galicia 

 • Ter a licenza de caza en vigor no momento da inscrición no curso

Prazo de inscrición:  por determinar

Selección dos asistentes será por rigoroso orden de inscrición

 

Contacto: Escola.Saude.Publica@sergas.es