Comunicación de sospeita de enfermidade profesional

Comunicación de sospeita de enfermidade profesional

Que é?

Un circuíto de comunicación de sospeitas de enfermidades profesionais dende os médicos do Servizo Galego de Saúde e os dos servizos de prevención das empresas á administración sanitaria.

 

Por que?

Para facilitar a comunicación que os médicos do Servizo Galego de Saúde e os dos Servizos de Prevención teñen a obriga de facer, segundo o anexo 5 do RD 1299/2006 de enfermidades profesionais, ante un cadro clínico de sospeita de enfermidade profesional á entidade xestora ou colaboradora, pasando por la administración sanitaria.

Isto é así, posto que a declaración oficial de enfermidade profesional a través da aplicación CEPROSS a realiza a entidade xestora ou colaboradora que asuma as continxencias profesionais desa empresa (Mutua, INSS ou empresa colaboradora).

 

Quen e como se comunica?

Os médicos do Servizo Galego de Saúde a través da Historia Clínica electrónica IANUS e os médicos dos Servizos de Prevención por medio desta páxina web, cubrindo o Formulario de comunicación de sospeita (para o que deberán dispor de certificado dixital).

 

Que se comunica?

Un caso sospeitoso de enfermidade profesional no que un facultativo do Servizo Galego de Saúde ou dun Servizo de Prevención avalía como posible a relación causal entre un cadro clínico recoñecido nos anexos I/II do Rd 1299/2006 de enfermidades profesionais.