Campaña de vacinación gripe e RD 954/2015

Campaña de vacinación gripe e RD 954/2015

Nota informativa do Conselleiro de Sanidade ao sistema sanitario galego sobre a interpretación do RD 954/2015 polo que se regula a indicación, uso e autorización de dispensación de medicamentos e productos sanitarios de uso humano por parte dos enfermeiros , coa fin de garantir a normalidade e continuidade asistencial nas prestacións nos centros e institucións sanitarias.

Nesta nota faise referencia explícita á actuación nas campañas de vacinación promovidas pola autoridade sanitaria en materia de saúde pública, tal e como é o caso desta campaña de vacinación antigripal 2016, indicando claramente que nestes casos non se require un diagnóstico previo pois do que se trata é de previr a aparición da enfermidade.