Campañas e programas preventivos

Campañas e programas preventivos

Os programas do Plan galego anti VIH/sida e outras ITS son multidisciplinares e desenvolven a política de saúde pública de Galicia na que participan os servizos sanitarios, sociais e as entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade en Galicia co obxectivo de controlar o espallamento do VIH e outras ITS e mellorar a calidade de vida da poboación galega. Estes programas contemplan a atención integral das persoas afectadas e a garantía do respecto dos seus dereitos e do acceso á asistencia sanitaria e social eliminando as desigualdades de oportunidades das persoas afectadas.