Ébola

Ébola

Das ligazóns de abaixo, na de manexo de casos indícase cando os profesionais sanitarios deben pensar que o doente que acode a consulta pode ser un caso “posible” de ébola e o que teñen que facer de inmediato, así como as condicións de traslado ao hospital da EOXI de Vigo e as condicións de ingreso nel mentres se realizan as probas para descartar ou confirmar a enfermidade. Os casos confirmados serán trasladados a un dos hospitais designados para tratar os casos de ébola en España (vid. Outra información de interés).

En manexo de contactos indícase que persoas, pola relación que tiveron co caso posible de ébola e o momento na que a tiveron, se consideran “contactos”, ademais de información e instrucións sobre o que teñen que facer; mentres en equipo de protección individualizada (EPI) constan as medidas de protección individual para os traballadores que entren en contacto con casos posibles ou confirmados de ébola.

Para rematar, a ligazón limpeza e desinfección contén unhas instrucións básicas de limpeza e desinfección do domicilio e do centro sanitario ao que acudiu o caso posible.