Que factores contribúen á aparición dos TME?

Que factores contribúen á aparición dos TME?

Existen diferentes grupos de factores que contribúen a la aparición dos TME, entre eles, os físicos e biomecánicos, os organizativos e psicosociais, así como os individuais e persoais, podendo presentarse de forma separada ou conxunta.
    Factores físicos e biomecánicos:
  • Esforzos: levantar, transportar, empuxar ou tirar de obxectos; uso de ferramentas.
  • Movementos repetitivos.
  • Posturas incómodas e estáticas, por exemplo a de estar coas mans por encima do nivel dos ombreiros, ou ben a de permanecer de pé ou sentado durante períodos prolongados.
  • Compresión local de ferramentas e superficies.
  • Vibracións.
  • Frío ou calor excesivos.
  • Escasa iluminación, o que pode provocar accidentes.
    Factores organizativos e psicosociais:
  • Traballo esixente, falta de control sobre as tarefas realizadas e baixo nivel de autonomía.
  • Escaso nivel de satisfacción laboral.
  • Traballo repetitivo e monótono a un ritmo rápido.
  • Falta de apoio por parte dos compañeiros, supervisores e responsables.
    Factores individuais e persoais:
  • Historial médico previo.
  • Capacidade física.
  • Idade.
  • Hábitos de saúde.