Cómo se pode actuar sobre os TME?

Cómo se pode actuar sobre os TME?

Como xa se indicou, os factores que contribúen á aparición dos TME teñen a súa orixe nos aspectos físicos do traballo así como nos aspectos psicosociais e organizativos da empresa, do mesmo xeito que nas características individuais de cada persoa.

Por iso, desde o ámbito preventivo é moi importante ter en conta que son diversos os factores de risco que poden contribuír por se mesmos, ou en combinación con outros, na aparición destas doenzas e que para atopar unha solución efectiva a estes problemas débese estudar con atención, e desde a globalidade, a situación real de cada un dos posto de traballo no ámbito laboral (avaliación de riscos).