Traballando xuntos para a prevención de riscos.
Esta campaña de información e sensibilización en prevención de riscos laborais que se inicia o día 28 de abril de 2012, coincidindo co Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo baixo o lema "TRABALLANDO XUNTOS PARA A PREVENCIÓN DE RISCOS" reflexa a necesidade de unir os esforzos de todos os actores implicados nesta materia e impulsar a prevención dos riscos laborais na nosa organización.